NÓS

Somos unha axencia creativa [de publicidade] que achegamos SOLUCIÓNS ORIXINAIS ás necesidades de comunicación dos nosos clientes.

Somos inconformistas, detallistas e cunha actitude positiva.

INCONFORMISTAS. Cando cremos que as cousas poden estar mellor é porque realmente deben estalo.
DETALLISTAS. Ata o mínimo detalle comunica. As veces os pequenos detalles son a clave dun gran traballo.
POSITIVISTAS. Dámoslle a volta a mítica frase de Louis Van Gaal "Siempre negativo, nunca positivo" e facémola nosa "Sempre positivos, nunca negativos".

EQUIPO

team_member

NATALIA GONZÁLEZ

Directora de arte / creativa

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.
Amante da orixinalidade, realizou o máster en Creatividade Publicitaria e Dirección de Arte na prestixiosa Miami Ad School, o que lle permitiu entrar en contacto con distintas axencias e clientes no extranxeiro.
Encántalle o dinamismo e darlle unha volta de torca ás ideas. Con ela, menos sempre é máis.

team_member

NOEMI DE MIGUEL

Directora de contas / creativa

Licenciada en Publicidade e Relaciones Públicas.
Empática de nacemento, proactiva e convincente. A intermediaria perfecta entre cliente e axencia.
Apaixoada do mundo online, realizou o máster en Social Media Management na Escola de Negocios Novacaixagalicia.
Con ela, os problemas nunca chegan a selo.

team_member

EQUIPO EXTERNO

Freelance

Equipo de colaboradores que traballan actualmente no sector publicitario en distintas cidades de España e que nos achegan unha visión diferente en momentos determinados.
Son estrategos, creativos, planners e copys.
Un perfil concreto pra aqueles proxectos que o precisan. Con eles, a distancia non é un problema e o resultado compensa a factura telefónica.

SERVIZOS

interactivos

INTERACTIVOS


No mundo online sentímonos coma peixe na agua.
Deseñamos e programamos o que necesites. Páxinas Web, microsites promocionais, banners, emailings…
Se o que buscas é a creación, dinamización ou o seguimento das redes sociais da tua empresa, contamos cun persoal altamente cualificado.

creativos / gráficos

CREATIVOS / GRÁFICOS


Non so deseñamos, imos máis alá. Moldeamos as ideas e buscamos un concepto ad hoc pra cada campaña.
Creamos marcas ou, se o precisan, dámoslle un empurronciño.
Non importa se precisas un logotipo, unha campaña de lanzamento, o deseño dun catálogo ou o packaging dun producto. Podemos facelo.

estratégicos

ESTRATÉXICOS


Como bos estrategas, optamos por solucións acertadas grazas a un pensamento creativo e intuitivo fundamentado no continuo análisis.
Planificamos 24 horas o día, 7 días a semana.
¿Precisas un plan de comunicación, unha estratexia de marca ou quizáis unha campaña de publicidade online/offline?

comunicación y eventos

COMUNICACIÓN e EVENTOS


A comunicación é o noso día a día. Somos expertos comunicadores.
Encargamonos de todo o relacionado coa organización de eventos e ferias: azafatas, stands, material promocional, presentacións de productos/empresa, photocalls…


CÓNTANOS QUÉ PRECISAS E NÓS ESTUDAREMOS O XEITO DE CONSEGUILO.

Que non o vexas aquí escrito, non quere dicir que non poidamos facelo.

Contacto


Podes poñerte en contacto con nós a través do canal que prefiras. Estaremos encantados de ler o teu email, escoitar a túa voz, poñer o mans libres se estamos no coche ou tomarnos un café se prefires vir visitarnos.


Detalles de contacto


Praza de Curros Enríquez 1, oficina 204 CP. 36002 - Pontevedra, España
Ver mapa

Tlf. 986 85 92 09 - Mbl. 638 16 87 44
e-mail: info@sranonabrand.com
social: facebook.es/sranonabrand
galeria: flickr.com/sranonabrand
audiovisual: youtube.com/user/nonabrand
pines: pinterest.com/sranonabrand